17/12/09

Por que Caixanova non pode seguir sola?

.
Gayoso, o incompetente ex-Conselleiro de Economía do PSOE (responsable da supervisión das Caixas os últimos catro anos) e Abel Caballero

En primeiro lugar polo "aventurerismo financeiro" dos xestores das mesmas, os auténticos irresponsables que nos levaron á situación actual.

Politicamente a responsabilidade é do PSOE, que aprobou o pasado mes de xuño o Decreto Lei 9/2009 de reestruturación do sistema bancario, un decreto que está obrigando ás Caixas de Aforros a fusionarse , reestruturarse e recortar persoal. Perséguese unha redución do número de caixas de aforros a través de fusións, das 47 actuais ata 20 a corto prazo . Nunha segunda fase pretenden reducir a 6 o número de caixas e privatizalas.

O obxectivo é concentrar as caixas de aforros, prioritariamente con fusións entre caixas de distintos territorios, para ser posteriormente privatizadas como se fixo no resto de Europa. Pensan que se as caixas perden a súa ligazón co territorio, será máis fácil privatizalas.

O Decreto 9/2009 na súa tramitación no Parlamento español contou cos apoios do PSOE e do Partido Popular.

O Banco de España (o gobernador foi nomeado polo PSOE) esixe que as caixas teñan uns activos mínimos de 50.000 millóns de euros , cifra que non acadan nin Caixa Galicia nin Caixanova.

É o PSOE o que impide que Caixanova e Caixa Galicia continúen en solitario, como sería o desexo da maioría da cidadanía e como sería o desexo da CIG, xa que entre outras cuestións, evitaríamos a destrución de postos de traballo.

Que é o SIP?

O SIP é o que se denomina fusión fría; as entidades que integran un SIP responden de xeito común da solvencia e da liquidez. Loxicamente, iso implica que todo o relacionado coa solvencia e a liquidez deba poñerse en común nunha nova empresa, un banco.

A política de riscos (préstamos e cretos) non estaría en ?Vigo? nin en ?A Coruña?, senón no novo banco. O mesmo que a política de investimentos da carteira industrial, tesourería, etc.

As Caixas quedarían reducidas a unha marca comercial, sen contido financeiro e sen capacidade real para decidir que parte dos beneficios deberían reinvestirse na sociedade vía Obra Socio-Cultural. Porque incluso a porcentaxe dos beneficios a investir na Obra Social decidiríase no novo banco.

Un sistema semellante foi utilizado en Italia para privatizar as caixas. A propia CECA , é dicir o lobby de presión dos Directores Xerais, está pedindo que se regulen os SIP xa que entenden que é un instrumento para a privatización.

Dende o punto de vista do emprego, un SIP é unha aventura que non garante de ningún xeito o actual emprego. Parte da rede de oficinas pasaría ao novo Banco e ademais, desaparecerían parcial ou totalmente os Servizos Centrais. Os SIP non garanten o emprego nin as condicións laborais, só garanten a continuidade de Gayoso e Méndez.

2 comentários:

O estampador disse...

Aí os tedes, os tres reis magos, levaron as caixas a esta situación e oxalá coman o carbón, que é o que traen nos seus zurróns. Calquera día apareceren nos billetes de Euros.

O Oftalmólogo disse...

O Gayoso xa non recorda cando pagaba as gafas a prazos, aos poucos Gayoso, aos poucos e sin tarxeta comercio. Que paseos dábase pola rúa Principe, pero xa non se acorda de onde ven.