12/01/10

Denuncian a Caixanova polas cámaras de videovixilancia


O movemento pola defensa dos dereitos civis MpDC anunciou que presentará unha denuncia ante a Axencia Estatal de Protección de Datos contra Caixanova polas cámaras de grabación instaladas no Centro de Informática de Vigo.

As cámaras estarían grabando a rúa, polo que deberían contar coa pertinente autorización. Este colectivo ten gañado numerosos casos semellantes, o mais sonado contra o Concello de Santiago pola grabación ilegal das persoas que pasean libremente pola rúa.

Sem comentários: