13/01/10

A Inspección de Traballo advirte a Caixa pola censura de comunicados sindicais


Ante a denuncia presentada pola CIG relativa a censura dos comunicados por parte da dirección de Caixanova, o último caso foi o referido a censura dun comunicado relativo á reunión co Presidente da Xunta de Galicia. A Inspección de Traballo actuou emitindo un informe que nos dá a razón, "advertindo a empresa que debe permitir, a través dos medios que cada sección sindical considere oportunos, e sempre dentro da legalidade vixente, a distribución da información sindical".

Agardamos que non se sucedan novos episodios de censura por parte da Dirección, tratando de coartar a liberdade sindical vetando os comunicados críticos coa dirección da Caixa.

Sem comentários: