26/02/10

A CIG pronunciouse a favor da fusión galega na Asemblea Xeral de Caixanova

.
Fernández-Gayoso e Méndez. Si algo os une é o seu gusto por subirse os salarios.

Onte día 25 de febreiro celebrouse a Asemblea Xeral de Caixanova, o máximo órgano de goberno, na que a CIG votou en contra da xestión da entidade e fixo un pronunciamento en contra do SIP e a favor da fusión galega.

A dirección de Caixanova quixo manter ao máximo órgano de goberno da entidade a marxe do debate social sobre o futuro das caixas de aforros galegas, algo que finalmente non evitou debido a diversas intervencións.

A Conselleira Xeral en representación do persoal Teresa Sampedro, membro da CIG, interveu no punto referido a aprobación da xestión da entidade anunciando o voto negativo. Na súa intervención criticou que "na coxuntura económica de crise que estamos a padecer, esixensenos maiores esforzos como son a supresión de persoal contratado, unha actividade comercial cada vez mais extrema, etc. Namentres no mesmo escenario de crise, a cúpula directiva, os famosos once, reciben remuneracións millonarias" .

Expuso tamén que “estamos a rexeitar que a alta dirección utilice os recursos da caixa como se fosen os seus donos, xa que nas caixas todos somos empregados e a austeridade perante a crise ten que afectar a todos; comportarse doutro xeito provoca unha desmotivación e, cando menos, ofrece unha estética inadmisible”. Neste senso é importante lembrar que Caixanova recibiu axudas públicas do goberno central dentro das liñas de inxección de liquidez a bancos e caixas. Finalmente o da CIG foi o único voto negativo á aprobación da xestión da empresa, contandose tamén 3 abstencións.

Interviu posteriormente no punto “liñas xerais do plan de actuación anual 2010”, deixando claro que a CIG apostaba por que Caixanova seguira en solitario pero que si non fose posible apostaba por “unha caixa solvente que apague as pantasmas de absorción por unha caixa allea a Galiza e, sobre todo, rexeitamos absolutamente a participación nun SIP, que nun prazo moi curto, provocaria a desaparición da caixa para convertila noutro tipo de entidade financeira allea ao ideal tradicional das caixas de aforros”. Outras organizacións fixeron tamén intervencións favorables a fusión de Caixanova e Caixa Galicia ante a posible desaparación destas entidades debido a decisión unilateral do goberno central do PSOE.

2 comentários:

O cura disse...

Así é como se ten que falar, coa verdade por diante e collendo ao toro polos cornos. Aquí ou se está a favor do que pretende a Dirección (S.I.P.) ou a favor da Fusión entre as Caixas galegas. Calquera outra postura chámase TIBIEZA, e como é considerado pecado dentro da Igrexa, temos algúns católicos que van ter que ir confesar.

Xubilate!!!!!!!!!! disse...

O BdE decidiu que Caixa Galicia non pode recorrer ao FROB, xa que non ten clasificación A+.

Pero tampouco Caixanova que tampouco chega a clasificación requirida. Tanto falar do mal que está o viciño e nin o un nin o outro. Que ben fixechedes en votar non á xestión.

Pd. Lembrome cando falabase que o Depor estaba mal e o celta cojonudo.

Un segue en primeira, o noso a piques de ir a segunda B e con lei concursal. Que cidade!!!