10/02/10

Manifestación, que dan fanta e bocata


Eran famosas as concentracións franquistas na Praza de Oriente, nas que ao final repartian fantas e bocata entre os famélicos participantes, foi así durante os 40 anos que o dictador estivo a fronte. Don Julio Gayoso leva 40 anos facendo caixa, ata aí a concidencia.


Ante a manifestación de Caballero moitos traballadores e traballadoras de Caixanova recibiron "chamadas" por parte do equipo directivo para que asistiran, que foran a Vigo a defender a Caixa (a defender á dirección dicimos nos, a caixa non está en perigo, están en perigo os carguiños). "Pagaremos os gastos e o picnic", dicían. Respetamos, malia que non compartimos aos que foron a manifestación libremente, non respectamos presións para asistir.

Pero é maior irresponsabilidade que altos directivos de Caixanova participasen na manifestación entre gritos de "Vigo si, Coruña no", tal que hooligans nun celta-depor. Por que ise foi o berro xeral da manifestación.

Que pensarán os clientes das oficinas da provincia da Coruña ante tal disparate?

Por certo, que diríamos si algún político irresponsable puxera en entredito publicamente a solvencia de Caixanova, cunha campaña como a que sofre Caixa Galicia na cidade de Vigo?

Que diríamos si unha manda de hooligans ao berro de "Vigo no" houbesen empapelado as oficinas de Caixanova, como empapelaron as doutros en Vigo? Entón si que deberíamos sair a manifestarnos para defender a Caixa.


A lei de Caixas trouxo vento fresco, a democratización dos órganos internos, por iso hai que encher a Porta do Sol como se enchía a Praza de Oriente, contra a democrácia e para que siga mandando o que leva 40 anos (insistimos aí remata a concidencia).

É que algúns co seu comportamento deixaron claro que para o persoal de Caixanova ir a manifestación era unha mostra de adhesión ao réximen (con fanta e bocata incluido é dicir gastos e dieta). Por iso nos non estivemos presentes: non estamos ao servizo da dirección nin apoiamos a súa saída para a empresa: desmantelar, deslocalizar e privatizar.

Pd. Ata o Caballero tivo un lapsus cando dixo que na manifestación había mais participantes que habitantes de Vigo. Contou ao persoal de Caixanova que viuse obrigado a vir dende fora?

3 comentários:

O matarife disse...

A cousa é ben sinxela, o alcalde da cidade o que tiña que facer era dicirlle ao que arregla o calzado que anule o FROB e intentar seguir cada caixa polo seu camiño. Calquera outra cousa é demagoxia barata. Pero teña claro Sr. Comendador que a todo porco chégalle o San Martiño.

O cerveceiro disse...

Díxome o alcalde que xa non bebe "Estrella Galicia", gústalle mais a "Mahou". Xa veredes como colle unha gastroenteritis. Nos queremos seguir vivindo como galegos.

Independencia caixa ourense disse...

Queremos fusión, fusión, fusión,
pero mira que sexa fusión galega.

Seguimos querendo fusión, fusión, fusión, pero mira que sexa fusión galega!!

Julio: Ponlle a música daquel anuncio do turrón.