13/04/10

Crónica dun novo atraco evitable



Ás direccións nunca teñen que sufrir esto, nos sí.

A CIG reclamou insistentemente ante os responsables de Seguridade e Saúde Laboral que se implanten sensores específicos nalgunhas oficinas nas que polas súas características pode existir o risco de butróns, é dicir nas que teñen locais baleiros ao seu caron ou zonas que faciliten este tipo de intrusións.


O atraco do que foron vítimas os compañeiros/as da oficina da Garda en Pontevedra, no que un compañeiro resultou ferido, foi realizado mediante a técnica do butrón.

Agardamos que a Dirección tome nota e proceda a revisar as medidas de seguridade conforme a nosa petición, antes de que teñamos que lamentar unha desgraza persoal.

E tamén dicimos que ante a negociación aberta da fusión, na que para a CIG o emprego é o requisito fundamental, mais ala dos seus intereses unha ou doutra dirección deben ter en conta a as mellores condicións en cada unha das cuestións para que a nova Caixa sexa a suma do mellor de cada unha (que non repitan os erros da fusión das caixas do sur). Lembramos neste senso que Caixa Galicia foi recoñecida recentemente polo Ministerio de Interior por ser a entidade con menor indice de atracos e fraude electrónico. Unha mención honorífica á que Caixanova desgraciadamente non podería optar.

Sem comentários: