14/04/10

Gayoso aposta por reducir servizos centrais, pechar oficinas e abrir outras a tempo parcial


Mentras a alta Dirección cobra o equivalente a 277 administrativos.

Onte en Madrid o Presidentísimo de Caixanova expuso algunha das súas visión sobre o futuro da Caixa (¿Caixas?), aposta por reducir custes nun 25% a través da redución dos Servizos Centrais, pechar oficinas coincidentes e abrir outras só a tempo parcial.

Agardamos que mais ala de facer declaracións en foros económicos en Madrid, a Dirección Xeral aclare as alternativas que barallan para o futuro.

Dende a CIG seguimos lembrando que as 21 persoas que compoñen a alta dirección das dúas caixas cobran o equivalente ao que cobran 700 administrativos con nivel VIII (o nivel mais alto de convenio ao que se acede despois de 22 anos nas Caixas). Si queren recortar gastos que comecen por arriba.

Caixanova recibiu 375 millóns a través do FAAF; fixo emisión con aval público por valor de 1.600 millóns de euros (aforrando un 50% do custe da emisión e podendo colocala) e descoñecemos a cifra de diñeiro que captou do BCE.

Recibiron millóns de euros públicos para capear a crise na que meteron ás Caixas, cobran salarios insultantes e receitan recortar emprego.

1 comentário:

Non servium disse...

Queren facernos ver que non hai motivos para preocuparnos que o malo será para os compañeiros de Caixa Galicia.

Pero todos sabemos que só lles preocupa a sua continuidade eterna.

Como os faraóns do antigo Exipto pretende ser enterrado momificado xunto coa "súa" Caixa.

Acabaremos todos soterrados con el no timo piramidal chamado "SIP".

Un túmulo funerario co que pretenden que desaparezan as Caixas de Aforros.