27/04/10

Nas obras da oficina central de Caixanova hai amianto

.



Xa comezan a chegar os resultados da analises realizadas ás mostras recollidas nas obras da central de Caixanova en Vigo. Un edificio no que 500 traballadores e traballadoras de Caixanova comparten o seu espazo coas obras de reforma.


Hoxe coñecemos os resultados de dúas mostras, enviadas a un laboratorio independente para a súa análise, desgraciadamente unha das cales conten amianto. confirmándose polo tanto os nosos temores. Exixiremos ata as últimas consecuencias que se investigue o grao de exposición do persoal ao polvo de amianto.

Por outra parte hoxe asistimos a unha nova visita da Inspección de Traballo no edificio, onde foron recollidas mostras de materiais por parte de persoal especialista dunha empresa privada (as fotos de arriba corresponden a persoa que recolleu as mostras co traxe aillante e unha mostra cunha etiqueta de "amianto").

Nos xa temos os resultados e eles ainda están recollendo mostras, iso e dilixencia na vixilancia da saúde do persoal!!.

Seguiredes informados.

2 comentários:

A mi plin disse...

O amianto non importa, o importante é que o noso gran Presidente siga ata os 100 anos cando menos.

Só queredes manchar a imaxe desta gran empresa que vos dá de comer: traidores.

trabajadora de la central disse...

Como tardo tanto la inspección en intervenir. Como es posible que vosotros tengais ya los resultados y la inspección aun recogiese hoy las muestras?.

Podeis ayudarnos con algún analisis o prueba médica para ver si nos afecto en algo? tengo entendido que es peligrosísimo.