O día 22 de xuño ás 12 horas da maña delegados da CIG e CGT concentrámonos ante a oficina principal de Caixanova en Vigo na rúa García Barbón co fin de protestar contra o oscurantismo das Direccións.
Nas dúas reunións celebradas ate o día de hoxe as Caixas agocharon toda a información relativa ao custe laboral (sabemos que a fusión afectará a 2.400 postos de traballo) e non facilitaron ningún tipo de documentación. As Dirección non queren que coñezamos a situación real para impedir que esixamos responsabilidades sobre a súa mala xestión.
A CIG e CGT promoveran novas mobilizacións si as Caixas non convocan de xeito inmediato á representación sindical e comezan un proceso de negociación claro e transparente.
22/06/10
Video do telexornal da TVG sobre a concentración
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
É de agradecer a participación dos compañeiros da CGT, sempre serán ben achegados e amosan máis interese e coñecemento da situación que algúns dos nosos.
Enviar um comentário