Ante unha actuación opaca e incluso atentatoria contra o dereito á liberdade sindical, temos presentado denuncia na Inspección de Traballo, dirixímonos á Consellería de Traballo e presentamos alegacións ao Plan de Viabilidade que remitimos ao Banco de España.
O plan de viabilidade implica un proceso de reorganización das empresas, que entendemos non foi tramitado correctamente previa a súa aprobación por parte dos respectivos Consellos de Administración, así mesmo a falta de información e documentación por parte das Caixas pode supoñer unha vulneración do dereito a liberdade sindical. Moito nos tememos que a opacidade en canto a información económica que sustenta o proxecto ten moito que ver con impedir que coñezamos a situación real das Caixas e polo tanto que podamos esixir responsabilidades aos actuais xestores.
Entendemos tamén que legalmente o Banco de España e a Comisión reguladora do FROB poden impoñer un recorte na capacidade das Caixas, pero en todo caso defendemos que ese proceso debe desenvolverse conforme á lexislación laboral. Entendemos que as Caixas non o fixeron e así o temos denunciado na Inspección de Traballo, remitimos escrito á Consellería de Traballo e presentamos alegacións no Banco de España.
Os únicos números da fusión que estan claros é que hoxe somos 7.800 as persoas que traballamos nas Caixas e queren reducilas a 5.400 no 2015. Hai 2.400 postos de traballo en xogo sen que saibamos como pretenden levar adiante esa reorganización. Daremos a batalla.
3 comentários:
CCOO di agora que si non se abre a mesa de negociación votaran en contra nos Consellos cando presenten o plan definitivo. Logo, que votaron o outro día? a sesión do Consello durou menos que a reunión cos sindicatos, estiveron calados? pediron mais información como Conselleiros?
Sen comentarios.
O que da medo é recurrir á Inspección de Traballo, e máis estando o "Sr." Casas de Ron de "jobenante".
Váiselle a ola os CC.OO., tamén dín que grazas a eles sós se está a ter en conta a recalificación de oficinas pola reordenación das mesmas. Mira que fai falla ser hipócrita e mentireiro.
Enviar um comentário