Comunicado conxunto de CIG, CCOO e CSICA remitido ao persoal o día 6 de xullo informando sobre a reunión na que se constituiu a mesa negociadora do pacto laboral da fusión.
Hoxe arranca definitivamente a mesa laboral, temas tratados:
1.- Constitución da mesa: de acordo co solicitado por toda a representación sindical das dúas Entidades, estará composta por 16 membros. Así mesmo pactáronse os aspectos formais da negociación.
2.-Avance da posición das Caixas:
- Desvinculación: Para os “excedentes” anticiparonse as distintas alternativas sobre as que existe compromiso formal de trasladarnos unha propuesta concreta na vindeira reunión, indicaron que a “solución estrela” serán as Prexubilacións; Baixas Incentivadas; Suspensión temporal de contratos con compensación económica; xubilacións anticipadas e parciais. Todo elo baixo a premisa de VOLUNTARIEDADE. Todos os procesos de desvinculación e reestructuración serán graduais e escalonados no tempo.
- Respeto e garantía das condicións laborais actuais como punto de partida.
- Clasificación de oficinas: negociación dun novo sistema respectando os procesos actuais de consolidación.
-Plans de pensións: Intención de sentar as bases para unha futura integración dos planes.
- Beneficios sociais: Converxer os actuais, unificándoos en novas figuras.
-Mobilidade xeográfica: negociación de condicións en caso de superar os 25 km.
- Desinvestimentos: en canto á venda de oficinas segue abierta esta posibilidade, de producirse durante o proceso de negociación da mesa laboral tratarase nela.
A vindeira reunión da mesa producirase o vindeiro 13 de xullo, nesta sesión a representación das Caixas formulará as propostas e facilitará información a respeito dos pontos expostos.
3 comentários:
ugt ten un cristo interno entre caixa galicia e caixanova. Só ten tres na mesa e iso alimenta o seu problema interno.
Está traspasando a toda a mesa de negociación esta situación e reproduce a conducta do seu partido amigo: alimentar o localismo buscando enfrontamentos entre o persoal de caixa galicia e caixanova de xeito demagóxico.
E ainda di que a culpa é dos demais sindicatos. Facedes mal en calar, explicadelle ao persoal que pasa en UGT e rematou o problema.
Como se puede ser tan irresponsable, salirse de la mesa en la que se negociará toda la fusión. No piensan defender a los compañeros?
Y todo por que quieren tener un liberado mas, que verguenza.
Que sigan así que en las próximas eleccións les lucirá el pelo.
tanta isteria cos prexubilados e os que quedamos que? van a poñernos a todos nas mesmas condicions laborais, ou eu que son orixen caixavigo bou cobrar menos que un compañeiro orixen caixagalicia. Perigo con deixarse levar por unas boas prexubilacions e quedar o demais feito unha merda. graciñas
Enviar um comentário