11/08/10

UGT asinou o ERE do SIP Mare Nostrum


UGT, CCOO e SIC (sindicato de empresa daqueles lares) asinaron o acordo laboral do SIP que incorpora a Sa Nostra, Caja Murcia, Granada e Penedes.

O acordo redúcese a un ERE e mobilidade xeográfica, un calco da proposta que avanzaron as Caixas Galegas.

O acordo non homologa condicións laborais e o persoal de Sa Nostra verá duramente recortados os seus dereitos, que algúns chegaron a calificar de "privilexios". As conquistas sindicais conseguidas nalgunhas Caixas son presentadas como "privilexios" naquelas nas que os avances sindicais foron menores ou inexistentes, vergoñento.

O sindicato maioritario en Sa Nostra, o nacionalista UOB (Unió Obrera Balear), rexeitou o acordo.

2 comentários:

Anónimo disse...

Os de Caixa Ourense ainda lembramos como UGT asinou o Pacto Laboral de Caixanova, eliminando os nosos dereitos dun plumazo. E iso despois dunha folga masiva na que os traballadores/as demos a talla.

Anónimo disse...

Por desgraza, somentes nos lamentamos cado nos caen os paus no lombo, estase achegando o momento das lamentacios, como sucedeu despois da fusion de Caixanova, pero non vos preocupedes, que cando volten as eleccios sindicais, producirase unha amnesia colectiva, e voltaremos a elexir os que nos venden unha vez tras doutra. NON ESCARMENTAMOS NIN NA NOSA CACHOLA.