06/12/07

Aberta a Guerra dos horarios

Cada día que pasa novas entidades financeiras anuncian que abriran oficinas de sol a sol rachando os actuais horarios. Popular e as Caixas Rurais anunciaron a apertura de oficinas todos os días polo serán, incluidos os sábados.

O recentemente asinado Convenio Colectivo das Caixas de Aforros (ratificado por CCOO e CSICA) amplía os supostos nos que as oficinas poderán abrir todos os días polo serán, unha negociación que deberá abordarse a nivel de empresa.

Este foi un dos motivos polos que a CIG non asinou o Convenio, xa que diciamos que podía dar lugar a unha guerra comercial de horarios nas que os traballadores e traballadoras do sector
financeiro sempre teriamos as de perder.

Non tivemos que agardar moito para que o tempo nos dera a razón; este fin de semana coñecemos a través dos medios de comunicación que CCOO está negociando no Banco Popular a
apertura do 10% das oficinas polo serán con horario de 8:30 da mañá a 8:30 da noite, de luns a sábado.

O Popular e CCOO están rachando os horarios no sector financeiro, abrindo unha guerra comercial que levará a desregularización total dos horarios no sector. Insisten en manter centralizada a negociación dos Convenios como elemento de cohesión “laboral”, pero a actual
guerra comercial de horarios desdí o seu plantexamento sindical.

A esta guerra de horarios comerciais sumáronse tamén un grupo de 30 Caixas Rurais que puxeron en marcha o proxecto Novanca, oficinas multiservizos que abrirán todas as tardes, inicialmente en Madrid.

Dende a Confederación Intersindical Galega queremos deixar claro a nosa defensa do horario de 8:00 ás 15:00 de luns a venres, coa libranza dos sábados na Banca e do serán dos xoves nas Caixas.

Non a apertura polo serán
Defendamos o noso horario

2 comentários:

Anónimo disse...

Benvidos compañeiros e compañeiras, a CIG é hoxe mais necesaria que nunca en Caixanova.

Anónimo disse...

Pero ustedes no estaban todos en CCOO?

Joder traen a José Maria Martinez de Madrid para hacer el ridículo.