Hoxe tivo lugar o acto previo de conciliación ante a presentación do conflito colectivo contra Caixanova en reclamación do dereito ao uso sindical do correo electrónico.
A empresa presentouse pero a conciliación foi sen avinza, defendendo en todo momento a Caixa que o Conflito debía presentarse en Madrid non en Galiza. A CIG mantivo que o Conflito ten caracter galego, xa que o solicitamos é poder utilizar sindicalmente o correo electrónico no noso ambito de actuación.
Pola parte sindical e malia estar citados todos os sindicatos con presenza en Caixanova só compareceu CCOO que se adheriu a nosa demanda, pero defendeu tamén que o conflito debe ser de ámbito Estatal.
3 comentários:
Canto lles gusta Madrid a uns e a outros: centralistas!!!
De novo con todos vos, tras ler iste comunicado dicir duas cousas:
1- Non entendo a ausencia do resto dos sindicatos, que supostamente defenden os traballadores, na conversa co departamento de RR.HH. xa que é un tema que a todos compete e de interese para a totalidade da prantilla.¿Será que como non a presentaron eles xa non ten tanto interese?¿Cando aprenderemos que as melloras que podamos ter da igual quen as presente?
2- E asombroso que a empresa se opoña a uso por parte dos sindicatos do correo electrónico para informarvos das novas que vaian surdindo e que eles mesmos sexan os que lle recomendan a os clientes no último folleto informativo sobre "FACTURA ELECTRONICA" que se den de alta neste producto para aforrar papel e desta forma contribuian a defensa do medio ambente. DE PUTA COÑA.Só ten unha lectura, que se actua según lles peta. Para saber mandar ai que ser coherente co que se fai, e dar exemplo (¡D. Carlos VILADRICH debería incluir algún alumno mais no Plan de Formación!).
Por que non denunciades que Caixanova preste o seu local a organizacións antigalego?
Enviar um comentário