Caixanova ten en marcha unha serie de despedimentos inxustos, cortados todos polo mesmo patrón. Caixanova despide recoñecendo xa de inicio a improcedencia (é dicir recoñecendo que non ten razóns para despedir) e ofrecendo unha indemnización económica.
Todos e todas somos conscientes das enormes esixencias dos anos pasados para cumprir obxectivos, nomeadamente de activo. Daquela a Caixa permitiu (cando non incentivou) unha relaxación da normativa, o importante era vender a toda costa. Agora ante unha máis que posible suba da morosidade Caixanova despide polo que antes aplaudía.
O último caso foi o noso compañeiro, o interventor da oficina de Sarria en Lugo.
No mes de outubro a Auditoría visitou a oficina detectando unha serie de operacións que a empresa considera que non foron realizadas conforme a normativa interna. Estas operacións non supoñen quebranto para a Caixa nin lucro para o traballador.
Daquela foi confirmado nas súas funcións continuando só na oficina e exercendo tamén as funcións de director. Agora, meses despois, o compañeiro vén de ser despedido.
Se os feitos son tan graves como para xustificar un despedimento, ¿como o tiveron os últimos meses só na oficina, facendo funcións de interventor, administrativo e Director?
Non podemos permitir que a empresa despida a calquera sen motivos reducindo todo a unha cuestión económica. Ou reconsideran a súa política de despedimentos inxustos ou haberá mobilizacións.

1 comentário:
Dame a impresión de que si pensades na finalidade destas actuacións de RR.HH. poderíades quedar abrallados da cantidade de cousas que se vos pasarían pola testa, pero o certo é, que dependendo de quen sexas así serás tratado. Dito doutra forma e xa que é tempo de Pascua:"Dependendo do padriño, así será o roscón". Pregunta do millón: ¿Non coñecedes a ninguén que aia cometido falta grave, pero das graves de verdade e sega traballando como si nada houbese pasado? (¡Esa sorisa que che asoma delata que é verdade o que estou a dicir!).
Enviar um comentário