Para o estudo tivemos en conta o censo de toda Caixanova, analizando o persoal do grupo profesional 1.
O nivel 1 é o nivel salarial mais alto do Convenio, o nivel XIII é o mais baixo. Do nivel XIII ata o nivel VIII ascendese por antigüidade, a partir dese nivel o ascenso é decisión unilateral da Dirección da empresa.
Un 64% das mulleres teñen niveis salariais limitados dentro da carreira do Convenio (nivel XIII a VIII) fronte a un 34,80% dos homes na mesma situación. Por outra banda un 65,2% dos homes ascenderon por decisión unilateral da empresa, fronte a tan só un 36% das mulleres.
Pensamos que non son precisas mais análises, a foto fixa indica que Caixanova discrimina as mulleres no que respecta a súa carreira profesional e polo tanto nos salarios.
Neste senso dende a Confederación Intersindical Galega estase a reivindicar a posta en marcha inmediata dun Plan de Igualdade obrigatorio por lei para as empresas con mais de 250 traballadores e traballadoras.
4 comentários:
Cando naceu o Presidente non había feminismo.
Nin ordenadores, nin televisión, nin coches...
Segun a súa biografía apocrifa non habia nin Caixas de Aforros, creo que as inventou el.
Vergonzoso, deberíades enviar o estudo aos medios.
Enviar um comentário