Despois da mobilización da CIG en Sarria moitos traballadores e traballadoras preocuparonse pola sorte do compañeiro despedido, o Fernando de Sarria en Lugo.
Si inicialmente a Dirección argumentoulle que o despedimento era procedente (sen dereito a indemnización), despois cando interveu o sindicato fixeron unha oferta cutre que melloraron ao día seguinte da mobilización de Sarria.
Finalmente a Caixa realizou unha oferta económica que mellorou cuantitativamente a súa proposta inicial conseguindo que fora aceptada polo compañeiro inxustamente despedido.
Quede claro que como sindicato nunca admitiremos despedimentos inxustos en Caixanova por moito que sexan ben pagados, para nos era unha batalla pola readmisión. Pero a decisión última de aceptar ou non unha indemnización corresponde a cada persoa e neste caso comprendemos a súa decisión. Fernando sempre foi unha persoa honrada o que lle permitiu conseguir unha boa oferta de traballo noutra empresa no seu pobo.
Agardamos que teña moi boa sorte na súa nova andaina laboral, merécea despois do mal trago que inxustamente lle fixeron pasar aquí.
Pd. Pensamos que a nosa posición quedoulle clara á Dirección de Caixanova: a CIG non traga, nin acepta a prepotencia do departamento de Recursos Humanos e como fixemos neste caso mobilizarémonos contra calquera decisión inxusta que afecte aos traballadores e traballadoras.

Sem comentários:
Enviar um comentário