Hoxe o día amenceu gris, esta noite faleceu o noso compañeiro Marcelino Gómez.
Traballador procedente de Caixavigo, Marcelino, era un bo compañeiro, cun sorriso sempre na boca e presto a axudar a quen o precisase. Histórico da CIG en Caixavigo actualmente era delegado no Comité de Empresa de Caixanova en Ourense.
Para aqueles que o coñecemos e compartimos con el traballo, amizade e compañeirismo sindical deixa un baleiro dificil de encher.
Marcelino, hasta sempre.
2 comentários:
Marcelo, amigo, só dicir que sempre foches un corazón con pernas, que sempre mandabas a todos polo aire (razóns non te faltaban) pero eras todo corazón. Quenes tivemos a sorte de coñecerte, disfrutamos de tí, sempre atento, ¡o que fixera falta!
Estés onde estés, larga se podes algunha colleja que non lles fai mal. ¡UNHA APERTA, AMIGO!
A quen ten un corazon tan grande que non lle cabe no peito, e acaba por rebentar cas ganas de sair e axudar. Ata sempre compañeiro (e amigo).
Enviar um comentário