26/04/10

A Inspección paraliza cautelarmente as obras da central de Caixanova en Vigo


Finalmente a Inspección de Traballo procedeu a paralización cautelar das obras da central na rúa García Barbon en Vigo, en tanto non se analizan os materiais presentes na estrutura do edificio subceptibeis de conter amianto.


O luns 26 de abril a Inspección xirou unha nova visita ás obras da central, desta volta acompañados por un técnico do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Finalmente foi paralizada toda a obra en tanto non se procede a unha análise dos materiais.

Pola nosa parte temos remitido parte das mostras recollidas polo noso delegado de prevención a un laboratorio independente para a súa análise.

En canto teñamos a mais mínima novidade comunicarémosla a máxima brevidade ás 500 persoas que traballades na central de García Barbon.

1 comentário:

Anónimo disse...

¿Donde están? no se ven,
ni a CC.OO. ni a UGT.
Teneis que hacer una lista en la Central que con gente como vosotros arrasais en las elecciones. Mi voto lo teneis.