Reunidas todas as seccións sindicais con representación en Caixa Galicia e Caixanova esiximos:
• A convocatoria urxente da mesa de negociación do pacto laboral da fusión e que se informe das previsións que manexan as empresas en relación ao emprego e as relacións laborais.
• O compromiso de non utilización de ningún tipo de medida traumática.
• A non segregación da rede.
• A negociación dun protocolo de homologación, partindo do recoñecemento dos dereitos adquiridos.
• A garantía de continuidade da Obra Social e da natureza xurídica das caixas de aforros.
• A presentación dun plan de futuro da nova entidade, cunha explicación clara do deseño dos centros de traballo.
• Un plan de prexubilacións negociado coa representacións sindical, voluntario para todas as persoas.
• O compromiso de mantemento das condicións laborais de todas as persoas que traballan en empresas vinculadas a ambas Caixas.
En Santiago de Compostela a vintesete de maio de 2010.
14 comentários:
Un bo comezo, pero esquecestedes esixir responsabilidades os causantes da desfeita actual das duas caixas, ainda que iso supoño habera que pedilo e outro sitio.
¿Sábese si é certo que algún alto cargo de Caixanova deixou a empresa como despedido e non como xubilado?
Tedes que loitar a morte polos compañeiros que se van prexubilar, que adicaron moitos anos da súa vida ás Caixas, que saiban que están considerados polo voso sindicato nesta negociación.
Que saiba Julián Muñoz que este sindicato non deixa a ninguén de lado, que sempre está ao pé do cañón,e mais dende que fuxiron os tránsfugas.
Que sí mamá, que o mellor sindicato para negociacións é a CIG, non sei como non te afilias para que te defendan.
Iste blog é cojonudo, pódense por comentarios, no de CC.OO. non, así que non o consultedes. Pensandoo ben, casi vou voltar a ser afiliado da CIG, non sei como me deixei comer o COCO polos tránsfugas.
¡LEÑA Ó MONO!
Darle bien al otro lado de la mesa negociadora, que sepan quién tiene el mango (no el de la sartén).
E que devolvan os postos de traballo que esteriorizaron creando empresas para seu lucro persoal.
Deixádemos a mín, que empezo a largar sablazos e a cortar cabezas.
Agora vaise ver si realmente o importante somos nos para Caixanova.
Eu tamén son galego. Que non desmantelen a rede de oficinas.
Tiraron el dinero comprando oficinas a precios extratosféricos y en lugares raros, pero no sabeis a través de que inmobiliaria y de quién es. Ahora las quieren vender con nosotros dentro. Ya pagarán todo el día del juicio final.
Los compañeros/as de fuera de Galicia estamos muy preocupados/as. Esos sindicatos que dicen estar a nivel de toda España no nos informan de nada. Tenemos que recurrir a este para tener información de primera mano. Menos mal que tenemos quién nos traduce lo que comunicais. Teneis fama de guerrilleros, pero vemos que llamais a las cosas por su nombre. Pelear por nosotros.
Enviar um comentário