Varias ONG (Organizacións Non Gubernamentais) do estado español teñen unha campaña de denuncia dos investimentos que realiza o BBVA en empresas bélicas, tratase da campaña "BBVA sin armas". Na páxina web da campaña denuncian que Caixanova tamén ten participacións na industria bélica.
A Sección Sindical da CIG no BBVA xunto con outras Seccións Sindicais como LAB de Euskadi ou a Intersindical CSC dos Paisos Catalans apoian esta iniciativa pacifista posta en marcha polas ONG.
Na páxina web de "BBVA sin armas" denuncian os investimentos doutras empresas na industria para a guerra. Entre as empresas que fan beneficios a conta da guerra figura a nosa, Caixanova.
Podes acceder aquí ao dados denunciados.
3 comentários:
Inmoral.
Sabe a sociedade galega que Caixanova inviste en armas?
Eu como cliente sinto arrepios.
Tan asasino é o que mata como o que fabrica e vende a arma coa que se mata.
Despois falaran da obra social.
De vergoña, da igual ó que se recurra para gañar diñeiro, e isto é o colmo da "OBRA SOCIAL", debo ler para saber si realmente é certo. Dime a mente: "¿QUE VAS LER POLO, QUE VAS LER?¿NON SABES O QUE HAI?". ¿Lembrades o firmado fai pouco , en representación de todas e todos? ¡E dalle, e volta! "Pacto Mundial de Nacions Unidas", PRINCIPIO 2: AS EMPRESAS DEBEN ASEGURARSE DE QUE AS SUAS EMPRESAS NON SEXAN (¡pena de negrita e suliñado!) CÓMPRICES NA VULNERACIÓN DOS DEREITOS HUMANS. As guerras son todo amor e alegría ¿non é? A maior raza, en número non en coco, que ten a Terra, son "OS FARISEOS". Recordo a meu tío, que sempre que lle preguntaba pola guerra, xamás falábame dela. Sempre dicíame: "Para que queres saber do que non te vai ensinar nada, nin nada te vai reportar como persoa" ¡GRAZAS BARALLO!
Enviar um comentário